Maite Ferreiro di que “hai que facer a ordenanza de publicidade o resto está todo acordado"

Maite Ferreiro di que “hai que facer a ordenanza de publicidade o resto está todo acordado"

IMG_20160506_143147A edil do BNG-AA lembrou que xa hai varias iniciativas aprobadas no pleno e no Foro de Igualdade para regular a publicidade e eliminar as mensaxes vexatorias cara a muller

En Lugo aínda quedan colocados varios carteis que anuncian locais nos que se mercadea co corpo da muller e fanse campañas publicitarias en diferentes formatos

Lugo, 6 de maio 2016. A edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, saíu ao paso das declaracións da alcaldesa sobre a publicidade que denigra a imaxe da muller e lembrou que “tanto o pleno do concello como a foro de igualdade xa se pronunciaron sobre este tema grazas a iniciativas que o BNG trasladou e o que hai que facer está claro, o goberno municipal ten que poñerse a traballar para elaborar a ordenanza municipal de publicidade”.

Maite Ferreiro lembrou que “neste mandato, no mes de novembro, tamén se aprobou outra inciativa presentada por ACE neste mesmo senso” e pediu “unha maior coordinación” entre o equipo de goberno para que a concelleira de Benestar Social e Igualdade informe a alcaldesa dos acordos que xa se tomaron no pasado mandato sobre esta cuestión e que están sen executar.

No ano 2013 o pleno do concello xa aprobou, a iniciativa do BNG, unha moción na que se propoñía a creación dunha Ordenanza reguladora da publicidade na que se establezan os mecanismos necesarios para que non se poida denigrar a imaxe da muller, nin empregala como reclamo publicitario en vía pública nin en espazos privados que se observen desde a mesma. Esta cuestión tamén foi trasladada e aprobada no foro de igualdade no mes de agosto de 2013.

A edil do BNG- AA agradeceu o xesto da empresa publicitaria que retirou o cartel da zona do ceao, tras a polémica xurdida en días pasados, pero lembrou que existen outros carteis nas entradas da cidade e este tipo de establecementos, que utilizan á muller como mercadoría, seguen facendo campañas publicitarias con diversos formatos “por eso compre aprobar unha ordenanza reguladora da publicidade para que o concello teña unha ferramenta efectiva nestes casos”  concluíu Ferreiro.

Maite Ferreiro di que “hai que facer a ordenanza de publicidade o resto está todo acordado"