A EDIL DE CULTURA INFORMOU DOS CONCERTOS QUE TERÁN LUGAR NOS RECINTOS DE AGRO DO ROLO E NO CASTIÑEIRO

Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán

“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro

Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán

Lugo, 29 de setembro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán deste ano. O xurado, formado por Esther Muñoz Mena, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Iago Eireos Franco, artista lucense licenciado en Belas Artes e Iván Mouronte Barreiro ilustrador e deseñador gráfico, escolleron a obra de Codés Lillo Irimia entre as 57 concursantes pola súa calidade no deseño. Maite Ferreiro agradeceu “a todas as participantes no concurso a súa implicación” e afirmou que “das obras recibidas tanto neste concurso como no resto de certames que organizamos durante todo o ano podemos afirmar que Lugo ten unha grande potencia artística”.

 A edil de Cultura presentou a imaxe da semana cultural xunto con representantes dos grupos de Lugo, “os protagonistas desta programación especial”, segundo afirmou Maite Ferreiro

Concertos Agro do Rolo e Castiñeiro

Domingo 4

19:00 – Agro do Rolo – Espazo Hip Hop

21:00 – Castiñeiro – Zeltia

Luns 5

13:00 – Agro do Rolo - Untides

13:00 – Castiñeiro – Forget La France

21:00 – Agro do Rolo – Verbena Galega D’antes

21:00 – Castiñeiro – Zeltia

Martes 6

21:00 – Agro do Rolo – Infrarroja

21:00 – Castiñeiro – Galyrion

Mércores 7

21:00 – Agro do Rolo – Volta do Agro

21:00 – Castiñeiro – Branca Villares e Pablo Pintor

Xoves 8

21:00 – Agro do Rolo – El Nahual

21:00 – Castiñeiro – Conducto Coloquio

Venres 9

21:00 – Agro do Rolo – Tito Ramírez

21:00 – Castiñeiro – IV Concurso Miss Deusa

Sábado 10

13:00 – Castiñeiro – Caivanca

21:00 – Agro do Rolo – Sanfroidance

21:00 Castiñeiro – Tito Ramírez

Domingo 11

13:00 – Agro do Rolo – Minton’s Jazz

13:00 – Castiñeiro – Mesa para Dous

21:00 – Agro Do Rolo – Moura

21:00 – Castiñeiro – Caamaño e Ameixeiras

Luns 12

13:00 – Agro do Rolo – Sound Sisters

13:00 – Castiñeiro – Via Per Loka

21:00 – Agro do Rolo – A Banda da Loba

21:00 – Castiñeiro - Xoana

Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán