CONSTA DE 4 REPRESENTACIÓNS TEATRAIS QUE SE REALIZARÁN NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DURANTE O MES DE SETEMBRO

Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador

As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación

Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador

Lugo, 10 de setembro de 2019.  A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con Tareixa Campo e Antonio Sampaio, de Achádego Teatro, as actividades teatrais que se levarán a cabo en Lugo dentro do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora o Concello de Lugo.

 

As actividades consistirán en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de todo o país, que se levarán a cabo durante o mes de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación.

 

As representacións serán:

  • 15 de setembro: Andaravía Teatro (Vedra), adaptación con toques musicais da comedia romántica de Shakespeare.
  • 22 de setembro: Tiruleque Teatro (O Carballiño), comedia con aguda crítica social na que os pobres triunfan sobre os ricos.
  • 28 de setembro: Lohengrín Teatro (Vigo), contacontos musical para público familiar, unha peza interactiva para divertirse en familia.
  • 29 de setembro: Achádego Teatro (Lugo), comedia que xoga cos medios de comunicación e o opinionismo instaurarado na sociedade actual.