Maite Ferreiro visita a Casa das Linguas e inicia unha serie de visitas ás instalacións dependentes da área de Cultura

Maite Ferreiro visita a Casa das Linguas e inicia unha serie de visitas ás instalacións dependentes da área de Cultura

Lugo, 22 de novembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, iniciou, na Casa das Linguas, unha serie de visitas ás instalacións municipais dependentes da súa área. “Estas visitas servirán para coñecer o estado no que se atopan as instalacións da área de Cultura, e ao mesmo tempo, para coñecer, xunto co persoal, as actividades que nelas se realizan”.

Maite Ferreiro declarou que “queremos ter contacto directo cos técnicos e con todo o persoal dependente da área de Cultura, para coñecer as necesidades e as suxestións que poidan facer e así valorar posibles melloras para o servizo”.

Maite Ferreiro visita a Casa das Linguas e inicia unha serie de visitas ás instalacións dependentes da área de Cultura