AS RESIDENCIAS DURARÁN ATÉ O 4 DE SETEMBRO, E REMATARÁN CUNHA MOSTRA ABERTA AO PÚBLICO

Maite Ferreiro visitou ás integrantes das Residencias Artísticas que se celebran no vello cárcere

Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas

Maite Ferreiro visitou ás integrantes das Residencias Artísticas que se celebran no vello cárcere

Lugo, 19 de agosto de 2020. Durante a mañá de hoxe, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua visitou ás integrantes do colectivo RPM que están a realizar no vello cárcere unha investigación e creación arredor da danza e das artes vivas contemporáneas no vello Cárcere.

 

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, deu a benvida ás tres artistas implicadas no proxecto e destacou “a importancia de continuar a colaborar con este tipo de proxectos para permitir o desenvolvemento da comunidade artística galega”. A edil de Cultura afirmou que “é un exercicio de diálogo entre distintas partes ao que a área de Cultura do Concello de Lugo se suma un ano máis neste esforzo por ofrecer unha rede de espazos de distinta natureza que favorezan a acollida das diversas partes dun proxecto artístico”.

 

As actrices galegas Raquel Espada e Laura Villaverde, xunto coa nortamericana Megan Hanley, son as encargadas de desenvolver en Lugo o proxecto H/OSTIA, que definen como “unha acción física que todas experimentamos vivindo algunha experiencia cando abandonamos a nosa zona de confort”. No proxecto experimentarán coa expresión artística de como forxaron unha amizade superando os 7.000 Km de distancia entre Galiza e Nova Iork.

 

LAURA VILLAVERDE

Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galiza (2006/2010).Completa a súa formación no campo da interpretación en Nova Iork (2010/2012) da man de Anne Bogart, Will Bond, Ellen Lauren, Akiko Aizawa, kelly Maurer, Gim- Murray, Leon Inglulsrud, e máis membros da compañía Siti Company; así mesmo, profundiza en técnicas do corpo e na danza coa Compañía , The Bill T. Jones/Arnie Zane Dance Company, TempleTheatre, Ana Serna, Jordi Cortés, Lauren Atanes, Julio Castronuevo, José Piris, entre outros.


Vese recompensada por unha beca do programa de adestramento internacional da universidade norteamericana “Skidmore College” para formar parte do “Summer Theater Workshop”en Saratoga (EEUU).
Introdúxose na escea internacional actuando en fetivais escénicos en Puerto Rico, Medellín, Bogotá, e baixo a dirección de Anne Bogart, na producción de “Café Variations” da Siti Company, no teatro “New York Live Art” de NY.


Coa súa Compañía escénica actuou en moitos dos teatos e auditorios de Galicia. No 2014 e 2019 formou parte do elenco do Centro Dramático Galego, como actriz principal, dirixida por José Caldas e Gena Baamonde.
No campo audiovisual destaca a súa contratación como Actriz pola universidade “City College of New York” para o programa do máster de dirección cinematográfica, dirixido por Chantal Akermann, logo de participar en distintas curtametraxes dirixidas por directoras internacionais.
Actualmente inmersa no proxecto Chola&Lola, Illas desertas e H/ostia, un dos seus proxectos máis persoais. Fundou a súa propia Compañía “ArtesaCía” a cabalo ente Galicia e NY, ó mesmo tempo que creaba xunto o cineasta e artista transmedia Roi Fernández, “Extramuros”, un espazo multidisciplinar, onde ensaia e investiga coa súa compañía escénica. Considerase unha actriz e creadora escénica que sempre está na busca de materiais que a mobilicen e estimulen fisicamente.

 

RAQUEL ESPADA

Comeza a súa carreira de Arte Dramática na RESAD (Madrid) para posteriormente trasladarse a Galiza, finalizando os seus estudos na ESAD de Vigo. Unha vez licenciada consegue pola Deputación da Coruña unha bolsa de Desenvolvemento e investigación de Estudos Artísticos.
Completa a súa formación audiovisual e teatral con numerosos cursos intensivos de voz, interpretación e corpo impartidos entre outros por Lorena Bayonas, Laila Ripoll, Alberto Velasco, Lida Otón, Ernesto Arias, Alfredo Sanzol ou Juan Codina entre outros.


Realiza en 2016, na residencia A Térmica de Málaga, da man de Laila Ripoll unha instalación xunto a Marta Guerras “Teatro e Memoria”.


Consta de experiencia profesional teatral e audiovisual, sendo esta última destacada con dous premios como Mellor Interpretación Protagonista Feminina pola serie "Nadia en Cuesta"; dirixida pola coñecida directora Chus Gutiérrez.


Protagonizou durante tres anos a serie diaria O Faro; producida por Televisión de Galicia e a Forta, emitíndose en todas as autonómicas nacionais e en catro países estranxeiros.

Actualmente forma parte do reparto artístico da coñecida serie "Cuéntame como pasó” e do elenco teatral, na obra “Casa O ́Rei” , na compañía Ibuprofeno Teatro dirixida por Santi Cortegoso e desenvolvendo o proxecto, H/OSTIA.

 

MEGAN HANLEY

Estudou un Mestrado en Estudios de Performance: Universidade de Nova Iork. Beneficiario da bolsa departamental.Recipient of Departmental Scholarship.
No 2008 realizou unha B.A. en Teatro e Estudos Culturais: Scripps College. Cunha bolsa da James E. Scripps do Premio Marguerite Pearson en Drama.
Actualmente directora, actriz e co-artística, dende o 2014, da compañía de teatro físico "The Syndicate", compañía internacional de teatro, ademais de ser xerente do festival de novas obras en Nova Iork, tres xiras e tres obras en Carolina doSur, California e La Haya.


Adestradora Activsta: The Yes Lab (2011-2014, 2019-presente) Xerente de proxectos para presentacións de, Yes Men, dirixido a diversos grupos de activistas e artistas en Nova Iork, Tanzania e México.


Profesorado a tempo parcial: The New School (xaneiro de 2019- presente) Ensina Movemento para Actores e estudantes de pregrao e posgrao.
 

Artista principal de ensino: LEAP (2011-2014, 2018-presente) Imparte clases de actuación, dramaturxia e movemento nos graos K-8 e supervisa ó equipo de 8 artistas docentes con 6 empregados de apoio en PS 268K.
Profesora invitada na Julliard School of the Arts. Presentou unha investigación sobre a teoría dos puntos de vista escénicos e o seu uso na creación de conxuntos para os estudantes de segundo ano da Profesora Kathleen McNenny en setembro de 2018.

Maite Ferreiro visitou ás integrantes das Residencias Artísticas que se celebran no vello cárcere