A CANDIDATA DO BNG AFIRMOU “NO BNG TEMOS UN PROXECTO PARA REVITALIZAR E DARLLE VIDA AO NOSO CONCELLO”

María R. Seijas será a candidata do BNG á alcaldía no concello de Guntín

María Rodríguez Seijas
María Rodríguez Seijas

Rodríguez Seijas encabezará a candidatura para “devolverlle a ilusión a Guntín” por que “sabemos que é un concello con potencial para o futuro”

María R. Seijas será a candidata do BNG á alcaldía no concello de Guntín

Guntín, 6 de xaneiro de 2019. O BNG presentou á candidata á alcaldía no concello de Guntín, María R. Seijas. Segundo Rodríguez Seijas, que opta por primeira vez a formar parte da corporación municipal, afirmou “faremos unha candidatura para xerar ilusión, nun concello que precisa revitalizarse e coller impulso para converterse nun lugar apetecible para vivir” e engadiu “o BNG ten demostrado, coa súa política municipal, que é capaz de darlle vida aos concellos como xa demostrou en Ribadeo, A Pobra do Brollón, Allariz ou Pontevedra”.

 “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para os concellos e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Seijas. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Guntín precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”. O BNG presentará unha candidatura incorporando novas caras e na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.

A candidata á alcaldía afirmou “imos a por todas por que estamos convencidas de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”. Seijas sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal será fundamental para que Guntín avance” e agradeceu o apoio de todas as persoas que forman militan e simpatizan co BNG en Guntín.

María R. Seijas será a candidata do BNG á alcaldía no concello de Guntín