“Na av. da Coruña o goberno pode iniciar o acordado onte sobre o uso de terreos particulares”

“Na av. da Coruña o goberno pode iniciar o acordado onte sobre o uso de terreos particulares”

IMG_4871O voceiro do BNG – Asembleas Abertas lembrou que a corporación aprobou que o concello chegue a acordos cos propietarios de terreos para darlles un uso social

Na altura do número 372 da av. da Coruña existe un peche perimetral dun predio que invade boa parte da beirarrúa que dificulta considerablemente o tránsito de peóns 

Lugo, 26 de febreiro de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, instou ao goberno municipal a empezar a traballar “no relativo á negociar con propietarios de terreos” para solucionar o problema que se dá á altura do número 372 da av. da Coruña. Arroxo sinalou que “na av. da Coruña o goberno pode iniciar o acordado onte sobre o uso de terreos particulares, sería un magnifico exemplo de cumprimento dos acordos plenarios ao mesmo tempo que resolvería un problema de transito para as veciñas e veciños da zona”.

IMG_4903Arroxo sinalou que “non é normal que nunha das arterias principais da cidade e onde máis xente reside non se resolva un problema, de fai moitos anos, que impide que unha persoa poida cruzarse con outra ou pasar cun carriño para nenos pola beirarrúa”. Na altura do número 372 da av. da Coruña existe un peche perimetral dun predio que invade boa parte da beirarrúa que dificulta considerablemente o tránsito de peóns. “A pesares das promesas de anteriores gobernos nunca se deu solución a esta situación que leva sendo denunciada polos veciños dende fai máis de 20 anos” sentenciou Arroxo.

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas lembrou que a corporación aprobou, por unanimidade, que o concello de Lugo chegue a acordos cos propietarios de terreos que causan molestias ou están baleiros para darlles un uso social. Neste predio da av. da Coruña, fai anos, xa se talou un pino que poñía en perigo a integridade de quen por alí pasaba. Neste momento existe mal estar veciñal por esta situación que obriga, en moitos casos, a que as persoas camiñen pola calzada o que poñendose en perigo, a situación agravase nos días de choiva.

“Na av. da Coruña o goberno pode iniciar o acordado onte sobre o uso de terreos particulares”