A XUNTA CONTA COS RECURSOS NECESARIOS PARA ESTA OBRA, E CÓMPRE DECISIÓN POLÍTICA PARA COMPLETALA DUNHA VEZ POR TODAS

Olalla Rodil: “Unha década despois, Lugo segue sen a Rolda Leste a pesar das promesas do PP de Feijóo”

Olalla Rodil: “Vemos un novo exemplo do maltrato ao que o goberno do PP someteu a Lugo nesta década”
Olalla Rodil: “Unha década despois, Lugo segue sen a Rolda Leste a pesar das promesas do PP de Feijóo”

Lugo, 12 de xaneiro de 2020.  A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, xunto con concelleiras do BNG en Lugo,  visitaron a Rolda Leste, “un dos proxectos cos que o goberno de Feijóo maltratou Lugo durante a última década”.  Rodil afirmou que “10 anos despois, Feijóo continúa a crear fume, dando largas ás veciñas e veciños de Lugo cunha vía que resulta necesaria para a cidade”. Dende o BNG pediron “un maior compromiso a militantes e cargos do PP lucense co que representan” para que “lle esixan a Feijoo investimentos para Lugo”.

Olalla Rodil indicou que “a Xunta de Galiza conta actualmente cos recursos necesarios para construír os 3Km que restan desta vía, máis a falta de impulso político do Partido Popular de Feijóo fan que as veciñas e veciñas de Lugo levemos máis dunha década a esperar por este investimento”. O tramo pendente de executar uniría a estrada Fonsagrada – Lugo coa N-VI e serviría para desconxestionar a estrada do paseo do Rato. Ademais completariase un cinturón de comunicacións para unir a N-VI e a A-6 co Hula e coas zonas industriais de Lugo.

A deputada nacionalista lembrou que este treito da Rolda Leste “xa estaba presente no ambicioso Plan MOVE cun orzamento de 8.609.235€, que o goberno de Feijóo presentou no 2009 e do que non se volveu lembrar até que o desbotou 9 anos despois”. “Vemos aquí un novo exemplo do maltrato ao que o goberno do Partido Popular someteu a Lugo nesta década”, declarou Olalla Rodil.