Olalla Rodil “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”

Felipe Rivas, Maite Ferreiro e Olalla Rodil coa vicerreitora
Felipe Rivas, Maite Ferreiro e Olalla Rodil coa vicerreitora

A parlamentaria mantivo unha xuntaza coa Vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, para falar sobre o proxecto de universidade privada de Abanca.

Olalla Rodil “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”

Lugo, 10 de xaneiro de 2020.  Olalla Rodil, portavoz parlamentaria de Educación do BNG no Parlamento Galego, acompañada por Maite Ferreiro e Felipe Rivas, concelleiros do BNG do Concello de Lugo, mantiveron unha xuntanza coa vicerreitora da USC en Lugo, Montserrat Valcárcel para achegar a postura do BNG diante do proceso da nova universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa presentado pola corporación bancaria Abanca, ante o impulso por parte do goberno do Partido Popular dunha lei para facilitar a súa apertura.

Nesta xuntanza o BNG presentou unha postura de rotundo apoio á universidade pública, onde a parlamentaria galega resaltou  que “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”.

A deputada nacionalista resaltou que a Xunta está minguando o sistema universitario galego ano tras ano, onde os recortes nesta última década ascenderon a 438 millóns de euros. “O proxecto e os ideais do BNG témolos claros, estaremos sempre coa defensa da universidade pública e non a favor dos intereses da banca” afirmou Rodil, que achegou a proposta do Bloque neste eido, que defende o incremento dos fondos de financiamento da universidade pública en 2020 e un novo plan de financiamento para o SUG. 

Olalla Rodil “Galiza non precisa de ningún proxecto universitario privado ao servizo de Abanca”