Olalla Rodil “Hai que acabar co confinamento do galego no ensino que o PP impuxo hai dez anos”

Reunión ensino
Xuntanza co ensino durante a crise sanitaria, foto de arquivo

A candidata do BNG sinalou que este 12 de xullo hai que deixar atrás o desprezo a lingua galega por parte do goberno do Partido Popular na Xunta

Olalla Rodil “Hai que acabar co confinamento do galego no ensino que o PP impuxo hai dez anos”

Lugo, 10 de xuño de 2020.- A deputada e candidata, Olalla Rodil, denunciou a supresión por parte do goberno popular na Xunta das axudas a proxectos de normalización lingüística nos centros de ensino, o que deixará sen recursos as equipas de dinamización lingüística o que queda de ano, incluído o inicio do vindeiro curso ao tratase dunha convocatoria anual.

Desde o BNG cremos que é necesario desenvolver outra política que garanta os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e que acabe co confinamento da lingua galega no ensino imposto polo Partido Popular hai dez anos coa aprobación do Decreto 79/2010 que prohibe o galego en Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía.

A candidata do bloque resaltou a necesidade de deixar atrás as políticas de recortes do goberno do Partido Popular na Xunta, os que a lingua galega quedou con “recursos pírricos e claramente insuficientes, as axudas da Xunta de Galiza cobren menos do 20% dos proxectos que se presentan á convocatoria e que as contías que recibiron o pasado ano, 295 centros foron menos dun euro por estudante” sinalou Rodil.

Olalla Rodil  “A política de desprezo do Partido Popular cara á lingua galega está a ter consecuencias ben visibles que fan que un de cada catro menores de 15 anos non saiba falar galego e o 30% non saiba escribir nesta lingua, como recolle o IGE no último informe publicado ao respecto”

“A lingua galega é patrimonio de todas as galegas e galegos, un elemento de cohesión e un dereito, hai que deixar atrás esta Galiza que nos deixa o Partido Popular o 12 de xullo para abrir un tempo novo neste país” subliñou Rodil

Inicio do curso escolar

ANPAS e organización sindicais como referentes dos centros de ensino trasladaron ao BNG a enorme preocupación polo incio do curso 2020-2021

A este respecto desde o bloque esiximos á Xunta de Galiza que deixe de tirar balóns fóra, que asuma as competencias exclusivas que ten en educación e planifique o inicio do curso 2020/2021 da man do profesorado e das ANPAS.

Olalla Rodil “O ensino ten que ser unha prioridade e o único que vemos é ao Partido Popular máis preocupado polo turismo e as discotecas que pola educación das nenas e nenos deste país” ao que recalcou, “estamos en xuño e os centros non teñen directrices de como será o próximo curso escolar nin as medidas que deberán adoptar fronte á COVID19 a partir de setembro”.

Olalla Rodil “Hai que acabar co confinamento do galego no ensino que o PP impuxo hai dez anos”