OLALLA RODIL: “A PARTIR DO DE ABRIL TRABALLAREMOS PARA DESFACER OS 10 ANOS DE ABANDONO AOS QUE LUGO ESTIVO CONDENADO CO GOBERNO DO PP”

Olalla Rodil: “en Lugo plásmase o modelo de Axenda Urbana Galega do BNG, a redución do tráfico e da contaminación son os nosos obxectivos”

A candidata do BNG, xunto con Daniel Castro, número dous da candidatura, mantiveron un encontro coas integrantes do Grupo Municipal de Lugo
Olalla Rodil: “en Lugo plásmase o modelo de Axenda Urbana Galega do BNG, a redución do tráfico e da contaminación son os nosos obxectivos”

Lugo, 03 de marzo de 2020. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, xunto con Daniel Castro, número 2 da candidatura do BNG, mantiveron un encontro coas integrantes do Grupo Municipal do BNG na cidade onde puxeron en común as propostas de programa e as accións realizadas pola Fronte nos últimos meses no goberno da cidade. “Lugo é un exemplo de como as políticas do BNG melloran e transforman as cidades”, declarou Olalla Rodil.

A candidata do BNG declarou que “as accións que está a realizar o BNG no goberno da cidade serán un dos piares da Axenda Urbana Galega do BNG”. Olalla Rodil explicou que “o calmado e a redución do tráfico é unha das medidas que o BNG está a implantar na cidade de Lugo e que son esenciais para a Axenda Urbana Galega”.

“Outra das cuestións que se contemplan na Axenda Urbana Galega e nas que xa está a traballar o BNG na cidade é a promoción do transporte público no canto do vehículo privado”, declarou Olalla Rodil, que engadiu “dende o BNG, a partir do 5 de abril, traballaremos para desfacer estes 10 anos de abandono aos que Lugo estivo condenado coa Xunta de Galiza gobernada polo Partido Popular”

Olalla Rodil: “en Lugo plásmase o modelo de Axenda Urbana Galega do BNG, a redución do tráfico e da contaminación son os nosos obxectivos”