Olalla Rodil: “a partir do 12 de xullo desde o BNG comprometémonos a traballar para fortalecer servizos públicos galegos”

Olalla Rodil xunto a Rubén Arroxo e Felipe Rivas na marcha
Olalla Rodil xunto a Rubén Arroxo e Felipe Rivas na marcha

A candidata do BNG participou xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG na marcha de delegados e delegadas da CIG demandando unha saída xusta á crise

“Sorprende que o candidato do Partido Popular pida eliminar a taxa de reposición cando foi imposta por eles no ano 2011 desde o goberno do estado”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil: “a partir do 12 de xullo desde o BNG comprometémonos a traballar para fortalecer servizos públicos galegos”

Lugo, 09 de xuño de 2020.  A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, participou na mañá de hoxe xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG na marcha de delegados e delegadas da CIG demandando unha saída xusta e en chave galega á crise económica, laboral, industrial e social que atravesamos. Segundo Olalla Rodil “se algo aprendemos da crise sanitaria do COVID-19 é que temos que reforzar os servizos públicos e poñer fin a máis dunha década de goberno do Partido Popular, con recortes orzamentarios e de persoal, especialmente en sectores como o da sanidade pública”.

“Precisamos unha sanidade forte e con recursos económicos e humanos, o que garantirá ás galegas e galegos poder gozar dun dereito universal como é o dereito á saúde”, declarou Olalla Rodil, que engadiu, “a partir do 12 de xullo desde o BNG comprometémonos a traballar para fortalecer os servizos públicos galegos”. A este respecto, Rodil declarou o compromiso do BNG de convocar as 6.000 prazas vacantes no Servizo Galego de Saúde. Segundo Olalla Rodil, “non podemos volver recortar en servizos públicos, o que supón unha perda de dereitos fundamentais para o conxunto do pobo galego”.

Olalla Rodil declarou que “sorprende que o candidato do Partido Popular fale de recuperar o persoal perdido pola taxa de reposición, que foi imposta polo seu partido no ano 2011 desde o goberno do estado”. “Isto impide contar cos recursos humanos necesarios nos servizos públicos galegos para garantir á poboación dereitos básicos como son a sanidade ou a educación”.

Olalla Rodil: “a partir do 12 de xullo desde o BNG comprometémonos a traballar para fortalecer servizos públicos galegos”