O CUARTEL DE SAN FERNANDO, O PLAN PARADAI E O CORREDOR NADELA–MONFORTE DEBERÍAN SER PRIORIDADE POR QUE SON UNHA DÉBEDA CON LUGO

Olalla Rodil presentou emendas aos orzamentos da Xunta para 2019

A Parlamentaria do BNG afirmou que “son orzamentos insuficientes para unha provincia castigada e discriminada polo PP durante décadas”

Olalla Rodil presentou emendas aos orzamentos da Xunta para 2019

Lugo, 14 de novembro de 2018. A vice-voceira do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, anunciou a prsentación de emendas aos orzamentos da Xunta para o 2019 no referido á comarca de Lugo. Rodil sinalou que o PP continua castigando a Lugo e sinalou que o Cuartel de San Fernando, o Plan Paradai e o corredor Nadela – Sarria non están nos orzamentos da Xunta para o 2019. No caso do Cuartel de San Fernando “nin está, nin se lle espera, mentres o goberno galego esté en máns do PP” dixo Olalla Rodil. A respecto do Plan Paradai segue cunha partida asignada, para o 2019, de 450.000 € igual que nos anos 2016, 2017 e 2018. O Corredor Nadela – Sarria ten unha partida de 1.000.000 de euros e as inversión necesarias para a súa execución quedan pendentes para despois do ano 2020.

Respecto á grande inversión que se anuncia para a Residencia “está pensada para que se derribe o edificio antes das eleccións galegas e pero nada garante o remate das obras que quedarán pendentes doutros orzamentos que non se sabe cando chegarán” augurou Rodil que, ademais valorou positivamente o investimento anunciado para a Tinería e dixo “vemos que se recuperan os investimentos no barrio da Tinería unha reivindicación do BNG, e felicitamos ao PP, que despois de 10 anos no goberno da Xunta, foi capaz de ver a importancia de que o proxecto iniciado polo BNG no goberno galego era o axeitado”.

Rodil referiuse tamén ao caso do Auditorio “parece que o único interés da Xunta era destinar os fondos da Consellería de Cultura a cemento e ladrillo para despois manter o edificio pechado”. “O Auditorio de Lugo é unha Cidade da Cultura en pequeno, moito gasto en obra e total baleiro cultural” afirmou a parlamentaria do BNG. Rodil avanzou que o BNG seguirá traballando para que o Auditorio se abra canto antes e se poña a disposición da cultura na cidade.