"Un plan de atención aos barrios, a Cheda reflexa o abandono dende as pasadas eleccións” dixo Arroxo

"Un plan de atención aos barrios, a Cheda reflexa o abandono dende as pasadas eleccións” dixo Arroxo

cheda1 Dende o BNG-AA trasladaranlle ao goberno municipal a necesidade de: eliminar a vexetación expontánea, o mantemento do mobiliario urbán e a colocación dunha marquesina

Ediles nacionalistas visitaron o barrio da Cheda para coñecer as necesidades deste barrio

Lugo, 29 de xullo, 2015. Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, ediles do BNG-AA, constataron o abandono que están a sufrir os barrios da capital do concello durante este ano no que se puxo en marcha o mandato do novo goberno municipal. Durante a vista ao barrio da Cheda, Arroxo dixo que “parece que o PSOE se esquenceu de que os barrios tamén teñen vida antes e despois dos procesos electorais”.

Entre as necesidades que veciñas e veciños lles trasladaron aos ediles nacionalistas está a de contar cunha marquesina no lugar no que a maior parte das persoas do barrio agardan polo autobús. Sobre as liñas de transporte urbán, Rubén Arroxo lembrou que “o bus que pasa pola Cheda pasa cada hora e co percorrido que fai case se chega antes camiñando ata o centro que no propio autobús”.

chedaArroxo sinalou tamén “vemos que o barrio está limpo grazas ao traballo desinterado das veciñas e veciños pero non pola preocupación que o goberno municipal teña” e engadiu que “resulta espectacular ver plantas de máis de 1 metro de alto nacendo entre a beirarrúa e os peches perimetrais das fincas”. O BNG-AA transladaralle formalmente unha petición ao goberno municipal para que es estableza un plan de atención aos barrios nos que se inclúa a limpeza e o mantemento do mobilario urbán como obxectivo principal.

"Un plan de atención aos barrios, a Cheda reflexa o abandono dende as pasadas eleccións” dixo Arroxo