“O PSOE EMPEÑOUSE EN IR EN SOLITARIO NESTE TEMA, POLO QUE AS DEFICIENCIAS NO SERVIZO SERÁN RESPONSABILIDADE EXCLUSIVA DO GRUPO DE GOBERNO”

O proceso de modificación de rutas dos buses urbanos remata sen que a oposición tivese voz

Lamentamos que non se nos permitise ao resto de grupos aportar propostas para a mellora das liñas de buses” dixo Rubén Arroxo

O proceso de modificación de rutas dos buses urbanos remata sen que a oposición tivese voz

Lugo, 25 de xuño 2017. O BNG-AA lamenta que non se levase a unha comisiión o novo proxecto de liñas de buses, que a empresa adxudicataria dos autobuses urbanos deseñou, co fin de que o resto de grupos puidésemos facer aportacións “Lamentamos que non se nos permitise ao resto de grupos aportar propostas para a mellora das liñas de buses, no BNG tíñamos diversas ideas e suxerencias que poderían mellorar o servizo da veciñanza, ademais de que nos últimos meses houbo moitos veciños e veciñas do concello que nos amosaron as súas problemáticas co transporte, pero ao final o goberno municipal foi pola vía do escurantismo ata o día que o anunciou publicamente” dixo Rubén Arroxo. O grupo nacionalista explicou que leva meses pedindo ao goberno municipal que convoque á oposición para poder debatir sobre a mellora das liñas de buses, e poder achegar as inquedanzas da veciñanza de Lugo, pero finalmente o goberno municipal optou por outros criterios “Entendemos que as liñas de buses se deben deseñar en base a estudos técnicos de eficiencia, pero tamén consideramos que unha vez feito o deseño principal, se deberían valorar e escoitar os problemas que ten a xente de Lugo no día a día á hora de desprazarse” afirmou o voceiro do BNG.

Dende o BNG critican tamén as “malas prácticas” do goberno municipal despois de que os grupos se tivesen que enterar a través dos medios de comunicación do novo proxecto de liñas “O PSOE non aprende nada en dous anos, ten a Lugo paralizado e segue obviando aos cinco grupos da oposición como se estivese con maioría absoluta, e o tema dos buses volve ser outra falta de respecto ao resto de forzas políticas”. O concelleiro do BNG tamén quixo recalcar que se estas liñas non funcionan como deberan, a responsabilidade será única e exclusica do PSOE “o PSOE empeñouse en ir en solitario neste tema, polo que as deficiencias no servizo serán responsabilidade exclusiva do grupo de goberno”