Publicadas as listas provisionais das concesión de axudas para a compra de material escolar

Felipe Rivas e Rubén Arroxo, arquivo.
Felipe Rivas e Rubén Arroxo, arquivo.

Felipe Rivas: “as axudas contribuirán a garantir que moitas nenas e nenos teñan acceso ao material necesario”

A información pódese consultar no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal

Publicadas as listas provisionais das concesión de axudas para a compra de material escolar

Lugo, 30 de novembro de 2020. O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listas provisiónais de adxudicación das axudas para a compra de material escolar. “Por segundo ano consecutivo melloramos o tempo necesario para realizar este trámite”, declarou Felipe Rivas, que engadiu “desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos”

A concellería de educación destina un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. A concellería de Educación recibiu máis de 500 solicitudes para estas axudas, das que se aprobaron, de xeito provisional, 340.

As listas provisionais poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal, e as alegacións deberán presentarse nun prazo de 10 días no rexistro presencial do Concello solicitando cita previa, ou mediante rexistro telemático. Posteriormente elaboraranse e publicaranse as listas definitivas, e unha vez as familias presenten as certificacións, recibirán o seu vale canxeable por material educativo.

Publicadas as listas provisionais das concesión de axudas para a compra de material escolar