A DEPUTADA DO BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON INTEGRANTES DA COMUNIDADE DOMINICANA EN LUGO

“O racismo non só está nos EUA, desde as institucións debemos loitar contra calquera tipo de discriminación”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil: “desde o BNG solidarizámonos coas persoas que están a sufrir discriminación por cuestión de raza”

“O racismo non só está nos EUA, desde as institucións debemos loitar contra calquera tipo de discriminación”, afirmou Olalla Rodil

Lugo, 03 de xuño de 2020. A parlamentaria do BNG e candidata por Lugo, Olalla Rodil, xunto co  Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e militantes do BNG na comarca mantiveron no día de hoxe unha xuntanza con integrantes da comunidade dominicana en Lugo. Nesta xuntanza, Olalla Rodil trasladou “o apoio do BNG na loita contra todo tipo de discriminacións”.

Durante o encontro realizouse un acto simbólico, poñendo un xeonllo en terra. Este símbolo está a ser usado por miles de persoas, deportistas e significadas personalidades como xesto de rexeitamento ao racismo.

 “Un dos piares do traballo BNG é loitar, tanto desde as institucións como desde as rúas, contra calquera tipo de discriminación”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “o racismo non está só nos EUA, malia ser este estado un gran exemplo de xenofobia institucionalizada”.

Olalla Rodil destacou que “desde o BNG amosamos a nosa solidariedade internacionalista coas persoas que están a loitar pola xustiza e pola liberdade”. “É o momento de abrir un tempo novo no que Galiza avance cara unha sociedade igualitaria e deixe atrás o racismo e o fascismo”, sentenciou Olalla Rodil.

“O racismo non só está nos EUA, desde as institucións debemos loitar contra calquera tipo de discriminación”, afirmou Olalla Rodil