EN OUTUBRO DO ANO 2006 COLOCÁRASE UNHA OBRA CONMEMORATIVA DO ESCULTOR URZA NA PRAZA DE PÍO XII COINCIDINDO COS 90 ANOS DA CHEGADA A LUGO DO ESCRITOR

Recolocouse a placa adicada a García Lorca da praza de Pío XII

O 18 de agosto cúmprense 83 anos do fusilamento do poeta

Recolocouse a placa adicada a García Lorca da praza de Pío XII

Lugo, 16 de agosto de 2019. O alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciaron no día de hoxe que, coincidindo co 83 aniversario do fusilamento de García Lorca, se repuxo a placa conmemorativa da súa primeira visita a Lugo, que fora colocada na praza de Pio XII en Lugo en Outubro de 2006. O 28 de outubro de 1916 foi cando Federico García Lorca, con 18 anos, chegou por primeira vez a Lugo xunto con catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha “excursión de arte” por diversas vilas e cidades.

 

A colocación en Lugo da placa conmemorativa fora iniciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galiza e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta á cidade de Lugo para realizar unha serie de actos, entre os cales estaba a instalación desta placa na praza de Pío XII.

 

Segundo os diarios da época, Federico García Lorca chegou a Santiago de Compostela o 25 de outubro de 1916. Ademais da primeira visita de Federico García Lorca á cidade de Lugo e a Galiza no 1916, o poeta granadino visitou, de novo a cidade de Lugo, no 1932. Tras o comenzo da guerra civil, na madrugada do 18 de agosto de 1936, Federico García Lorca foi fusilado polos golpistas, con 38 anos de idade, xunto a un olivo na estrada que une as localidades de Víznar e Alfacar en Granada.

Recolocouse a placa adicada a García Lorca da praza de Pío XII