Rubén Arroxo anuncia a adaptación da ordenanza de Circulación para o repintado dos pasos de peóns

Rubén Arroxo: “con estas modificacións crearanse avanzabicis e adaptaranse as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e incrementarase a seguridade de motoristas”

A área de Mobilidade realiza estas modificacións para que se comecen a realizar co repintado da sinalización horizontal

Rubén Arroxo anuncia a adaptación da ordenanza de Circulación para o repintado dos pasos de peóns

Lugo, 20 de xaneiro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que a área de Mobilidade e Infraestruturas impulsa a adaptación da ordenanza de Circulación para realizar modificacións nos pasos de peóns de cara ao repintado da sinalización horizontal da cidade. “Dentro desta proposta contemplaremos medidas que non estaban previstas na ordenanza actual”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “trátase de modificacións que dan resposta a solicitudes da veciñanza e a adaptar a sinalización á mobilidade actual”.

Rubén Arroxo indicou que “eliminarase unha das liñas dos pasos de peóns para evitar resbalóns de motos e bicicletas, seguindo o exemplo doutras cidades”. Ademais, segundo informou Rubén Arroxo, “os pasos regulados por semáforo pasarán a representarse por dúas liñas descontinuas nos límites dos pasos”. Nestes pasos, segundo indicou Rubén Arroxo, “instalaranse avanzabicis, que permitirán á ciclista preseleccionar a dirección de xiro e evitando ter que respirar os gases dos vehículos motorizados”.

Por outra banda, Rubén Arroxo indicou que “se adaptarán as prazas para persoas con mobilidade reducida, aumentando o seu tamaño e reducindo as zonas esvaradizas”. A modificación da ordenanza tamén recollerá outros aspectos, como a mellora na sinalización nas zonas de coexistencia de tráficos e de estacionamento. Con esta modificación, o concello da un paso máis para que no prazo máis breve posible se poida iniciar o pintado da sinalización, que conta cun orzamento de máis dun millón de euros. Será o pleno da corporación quen teña que aprobar definitivamente esta modificación

Rubén Arroxo anuncia a adaptación da ordenanza de Circulación para o repintado dos pasos de peóns