RUBÉN ARROXO: “QUEREMOS QUE AS NENAS E NENOS POIDAN SAÍR REDUCINDO AO MÁXIMO AS POSIBILIDADES DE CONTAXIO”

Rubén Arroxo anunciou que o concello adquire 3.000 máscaras infantís para entregar a nenas e nenos de Lugo

A área de participación poñerá as máscaras á disposición das familias desde que se permita a saída de nenas e nenos á rúa

Rubén Arroxo anunciou que o concello adquire 3.000 máscaras infantís para entregar a nenas e nenos de Lugo

Lugo, 20 de abril de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a área de Participación adquirirá máscaras infantís para entregar ás nenas e nenos de Lugo. Segundo indicou Rubén Arrroxo “esta é a cantidade que se nos puido suministrar nunha primeira partida”. “A partir da vindeira semana o goberno do Estado permitirá saír ás nenas e nenos, e desde o Concello de Lugo queremos colaborar para que o poidan facer reducindo ao máximo as posibilidades de contaxio”, afirmou o Tenente de Alcalde.

Desde a área de Participación buscarase o xeito máis eficiente para realizar a entrega das máscaras, que, segundo indicou Rubén Arroxo, “coa entrega, facilitarase o acceso ao manual de uso publicado polo Ministerio de Sanidade”.

As máscaras estarán dispoñibles en tallas de 3 a 7 e de 8 a 12 anos. As máscaras estarán formadas con capas de algodón cun filtro interior e axuste nasal. Segundo afirmou Rubén Arroxo, “as autoridades sanitarias desaconsellan o uso de máscaras a menores de 3 anos”. O tenente de Alcalde afirmou que “as máscaras serán reutilizables mediante lavado con auga quente e estarán dispoñibles nos vindeiros días”.

Rubén Arroxo anunciou que o concello adquire 3.000 máscaras infantís para entregar a nenas e nenos de Lugo