Rubén Arroxo anunciou a empresarios e empresarias da Tinería a implantación da campaña Lugo Km 100

Rubén Arroxo recolleu tamén as solicitudes da asociación tiveron en materia de Mobilidade e Infraestruturas

Rubén Arroxo anunciou a empresarios e empresarias da Tinería a implantación da campaña Lugo Km 100

Lugo, 13 de xaneiro de 2020.  O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, reuniuse coa veciñanza da Tinería para presentar a campaña Lugo Km 100que a área de Cultura presentará en Fitur. Con Lugo Km 100, a área de Cultura pretende converter a Lugo nun atractivo turístico de primeira orde dentro do denominado turismo de interior, convertendo a Lugo nun punto de inicio para aquelas persoas que desexen realizar o camiño escapando da masificación do camiño Francés ou como punto de inicio dunha nova ruta.

A área de Cultura está a traballar en poñer en valor e mellorar as infraestruturas e a estética do camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, mellorando entre outras cousas, a sinalización do camiño, ao mesmo tempo que traballa para que dentro da programación cultural se realicen actividades para a promoción do camiño Primitivo. Rubén Arroxo recolleu tamén as solicitudes que as integrantes da asociación tiveron en materia de Mobilidade e Infraestruturas.

A Asociación de Empresarios da Tinería Itíneris, está integrada por 14 membros, con negocios dedicados á hostalaría, produción, restauración, artesanía, cátering e eventos, telefonía móbil, téxtil e hoteis, o que a converte no colectivo con maior representación das asociacións que conviven no emblemático barrio lucense.