Rubén Arroxo: “desde a área de Mobilidade imos seguir adiante co proxecto de peonalización da Ronda da Muralla”

O Tenente de Alcalde respostou ás críticas emitidas polo grupo municipal do Partido Popular

“A área de Mobilidade está a preparar un plan de tráfico definitivo máis exhaustivo que o realizado de maneira provisional durante o estado de alarma”, afirmou Rubén Arroxo

Rubén Arroxo: “desde a área de Mobilidade imos seguir adiante co proxecto de peonalización da Ronda da Muralla”

Lugo, 19 de xuño de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, afirmou, en resposta ás críticas emitidas polo grupo municipal do Partido Popular,  que “desde a área de Mobilidade imos seguir adiante co proxecto de peonalización e humanización da Ronda da Muralla, co que as veciñas e veciños de Lugo xa gañaron unha zona de paseo peonil de 2.5 Km, e que continuará avanzando ata liberar de tráfico a Muralla”.

“A veciñanza móstrase favorable ao proxecto de humanización que estamos levando adiante desde a área de Mobilidade” declarou Rubén Arroxo, que engadiu “o PP demostra con este tipo de declaracións que non quere unha Ronda peonil, mais tampouco se atreve a dicilo”. Segundo Rubén Arroxo “isto demostra que o PP non ten un proxecto de futuro para Lugo, polo que teñen que manipular a información achegada polo goberno municipal”. A respecto disto, Rubén Arroxo informou que “os separadores verdes aos que se refiren desde o PP son os elementos homologados para delimitar un carril de circulación”. Ademais, o Tenente de Alcalde afirmou que “desde a área de Mobilidade estase a traballar xa nun plan de tráfico definitivo moito máis exhaustivo que o realizado de maneira provisional durante o estado de alarma”.

Rubén Arroxo defendeu o proxecto de humanización e peonalización da Ronda da Muralla “porque gran parte das fisuras producidas no monumento débense ás vibracións que provocan os vehículos ao circular tan preto da Muralla”. Segundo Rubén Arroxo, “a única solución a este problema é reducir o tráfico no entorno da Muralla, o que beneficiará á veciñanza, que gañará espazos peonís no entorno do noso monumento máis querido”.

Rubén Arroxo: “desde a área de Mobilidade imos seguir adiante co proxecto de peonalización da Ronda da Muralla”