O USO DOS AUTOBUSES URBANOS REDUCIUSE, DESDE A DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA, EN MÁIS DE 7.000 PASAXEIROS POR DÍA DE MEDIA

Rubén Arroxo: “os datos de uso do bus corroboran que a xente está a quedar na casa”

Presentación de novos buses urbanos, 13.11.2019
Presentación de novos buses urbanos, 13.11.2019

Rubén Arroxo: “o bus con máis pasaxeiros desta semana tiña máis de 100 prazas e só ían 24 persoas”

Rubén Arroxo: “os datos de uso do bus corroboran que a xente está a quedar na casa”

Lugo, 25 de marzo de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou sobre os datos de uso do bus desde a declaración do estado de alarma por parte do goberno do Estado. Segundo Rubén Arroxo, “os datos corroboran que a veciñanza de Lugo está a quedar na casa e só usa o bus en casos de necesidade”. O Tenente de Alcalde animou á veciñanza a “seguir utilizando o  bus urbano só nos casos nos que sexa necesario e non saír da casa”.

Segundo os datos da área de Mobilidade, o total de pasaxeiros diarios na semana do 2 ao 6 de marzo foi de 8620, mentres que na última semana foi de 1344. Nas liña 9A, que conecta o centro co Ceao, pasouse dunha media de 839 a 130 pasaxeiros. Nas liñas do HULA, pasouse de 524 a 131 na número 8 e de 534 a 113 na número 14. No resto de liñas que circulan polos barrios da cidade, a media de ocupación baixou de 444 a 51 pasaxeiros. Segundo Rubén Arroxo, “Durante esta semana o momento puntual con máis pasaxeiros nun bus foi de 24 persoas nun bus do HULA con máis de 100 prazas”.

Rubén Arroxo explicou que “para evitar riscos de contaxio ás persoas que conducen, o servizo de autobuses pasou a ser gratuíto, evitando así o contacto entre as persoas usuarias e quen conduce os vehículos”. Para cumprir a norma do 50% do aforo marcada polo Real Decreto, foron precintadas unha de cada dúas filas de asentos para aumentar a distancia de separación entre as persoas usuarias.

Rubén Arroxo: “os datos de uso do bus corroboran que a xente está a quedar na casa”