ARROXO PROPUXO UN PLAN PARA ATENDER DE XEITO INMEDIATO ESTE TIPO DE AVERÍAS NA CIDADE

Rubén Arroxo esixe o arranxo das fochancas da rúa Serra de Meira e da Estrada de Orbazai

O voceiro do BNG e candidato á alcaldía denuncia que as fochancas levan varios meses sinalizadas con valos pero non se da unha solución real

Rubén Arroxo esixe o arranxo das fochancas da rúa Serra de Meira e da Estrada de Orbazai

Lugo, 8 de marzo de 2019. Rubén Arroxo visitou a rúa Serra de Meira e a estrada de Orbazai, a carón do Club Fluvial. Dúas fochancas levan varios meses “rodeadas cuns valos” e solicitou que sexan tapadas. O voceiro do BNG e candidato á alcaldía denuncia que as fochancas levan varios meses sinalizadas con valos pero non se da unha solución real.

O concello de Lugo ten carencia dun plan para atender as averías que se dan nas infrastructuras viarias municipais e o candidato do BNG propón “un plan para atender de xeito inmediato este tipo de averías na cidade”. No BNG recibíronse numerosas queixas por parte da veciñanza reclamando o arranxo inmediato destas desfeitas no pavimento.