PARA O BNG “ESTO DEMOSTRA, UNHA VEZ MÁIS, QUE A POLÍTICA DO PSOE QUEDA LIMITADA A ANUNCIOS BALEIROS QUE DESPOIS NON CHEGAN A EXECUTARSE”

Rubén Arroxo lembra que non se fixo nada para abrir os aparcamentos disuasorios anunciados fai un ano

“A alcaldesa sacou o atril fai un ano para prometer 7 aparcadoiros con 600 prazas en 12.000 metros cadrados anunciando que estarían operativos no verán” dixo Arroxo

Rubén Arroxo lembra que non se fixo nada para abrir os aparcamentos disuasorios anunciados fai un ano

Lugo, 15 de xaneiro 2018. Rubén Arroxo lamentou que “o goberno municipal insista en incumprir as súas promesas” e lembrou como “en marzo de 2017, fai case un ano, a alcaldesa sacaba o seu atril para prometer 7 aparcadoiros con 600 prazas en 12.000 metros cadrados anunciando que estarían operativos no verán”. Naquel momento anunciouse a creación dos aparcadoiros disuasorios en parcelas de titularidade municipal en lugares da zona norte da cidade, nas inmediacións de Fontiñas, na zona da Piringalla e en San Roque. Rubén Arroxo desprazouse ao mesmo lugar onde a alcaldesa anunciara a creación destes aparcamentos para denunciar o incumprimento.

Arroxo lembrou as carencias en materia de mobilidade e pediulle ao goberno “que remate coa parálise na que ten sumida á cidade”. “Nin aparcadoiros disuasorios, nin sistema rotatoriode aparcamento nas rúas que tiña a ORA, nin solución ás diminutas prazas dos aparcadorios soterrados, non se fixo absolutamente nada para dar solución aos problemas reais de Lugo” afirmou Arroxo que lembrou que “naquela rolda de prensa da alcaldesa de marzo do pasado ano tamén se falou de converter en 2 cada 3 prazas dos soterrados e dun acordo coa empresa adxudicataria, pero tampouco se fixo nada”.

A ubicación dos aparcadoiros sería nos seguintes lugares: un na rúa Manuel Portela, na zona norte da cidade; na rúa Alcalde Xosé Novo Freire, nas inmediacións de Fontiñas, unha terceira parcela interior, entre a rúas río Sil e a Avenida Infanta Elena, a cuarta entre a rúa do Buxo e Manuel María, tamén no norte da cidade; outra tamén na rúa Manuel María, cara o barrio da Piringalla, na rúa Río Narla, á beira da Avenida da Coruña, e na rúa Jacinto Calvo. Para o BNG “esto demostra, unha vez máis, que a política do PSOE queda limitada a anuncios baleiros que despois non chegan a executarse”.

Enlace nota goberno municipal de marzo-2017: http://lugo.gal/gl/novas/alcaldesa-proxecta-7-aparcadoiros-disuasorios-na-cidade-dunhas-600-prazas-e-abrir-cidadania-o