EN XANEIRO DE 2018 DENDE O CONCELLO ENVIOUSE DOCUMENTACIÓN AO MINISTERIO DE FOMENTO E DENDE AQUEL MOMENTO NON SE VOLVEU FACER NADA

Rubén Arroxo lembra que “a rotonda de Afonso X coa N-VI está sen facer e non se volveu falar do asunto”

Foto de arquivo dun acto en abril 2015
Foto de arquivo dun acto en abril 2015

Dende o BNG sinalouse que “o goberno municipal debería ter agora máis facilidades para chegar a acordos co goberno do estado”

Rubén Arroxo lembra que “a rotonda de Afonso X coa N-VI está sen facer e non se volveu falar do asunto”

Lugo, 2 de novembro de 2018. O voceiro do BNG presentará unha serie de preguntas para a Comisión de Infraestruturas en relación ao proxecto de construción dunha rotonda no enlace de Afonso X coa N-VI. Dende o BNG sinalouse que “o goberno municipal debería ter agora máis facilidades para chegar a acordos co goberno do estado”. Arroxo lembrou que durante o ano 2017 estívose a falar da construción da rotonda para enlazar a Av. Afonso X e a N-VI, en xaneiro de 2018 o concello remitiu, segundo se informou a través da prensa, documentación ao Ministerio de Fomento con diversas posibilidades de actuación.

Rubén Arroxo lembra que “a rotonda de Afonso X coa N-VI está sen facer e non se volveu falar do asunto” e sinalou “o BNG reclamou en numerosas ocasións a construción desta rotonda por que é necesario para mellorar a seguridade e para darlle fluidez ao tráfico”. O BNG levará preguntas á comisión correspondente para saber en que situación se atopa neste momento o proxecto para a creación desta rotonda.

Dende o BNG sinalouse que “o goberno municipal debería ter agora máis facilidades para chegar a acordos co goberno do estado”  e o goberno municipal deberá informar se houbo contactos entre o goberno municipal de Lugo e o novo goberno do Estado sobre esta infraestrutura e se está estimado algún prazo para a execución desta obra necesaria.