A PEZA FOI DERRIBADA, NUN ACTO DE VANDALISMO, EN OUTUBRO DE 2017 E NON FOI REPOSTA AO PEDESTAL QUE A SUSTENTABA NA PZA. DA CONSTITUCIÓN

Rubén Arroxo preguntará polo estado do busto de Concepción Arenal e pedirá a súa reposición

“A información da que dispoñemos é que o busto permanece nun almacén do MHIL pero que non se fixo nada para recuperalo” explicou Ferreiro“A información da que dispoñemos é que o busto permanece nun almacén do MHIL pero que non se fixo nada para recuperalo” explicou Ferreiro

Rubén Arroxo preguntará polo estado do busto de Concepción Arenal e pedirá a súa reposición

Lugo, 14 de febreiro de 2019. O voceiro do BNG pedirá, a través dun rogo para a comisión de cultura, a reposición do busto de Concepción Arenal que foi retirado da pza. da Constitución tras sufrir un acto vandálico. Rubén Arroxo lembrou que “dende a súa retirada, en outubro de 2017, non se volveu a dar noticia dende o goberno municipal para a súa reposición ao lugar no que debe estar”.

Neste momento o pedestal que sustentaba o busto permanece baleiro na pza. da Constitución e, segundo explicou Arroxo, “a información da que dispoñemos é que o busto permanece nun almacén do MHIL pero que non se fixo nada para recuperalo”. O BNG pedirá información, de xeito formal, ao goberno municipal sobre as actuacións previstas para a reparación dos danos do busto e sobre os prazos estimados para a súa recolocación na pza. da Constitución.