MAITE FERREIRO ASUMIRÁ CULTURA, TURISMO E PROMOCIÓN DA LINGUA; CRISTINA LÓPEZ LEVARÁ A ÁREA DE PARTICIPACIÓN E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA E FELIPE RIVAS DIRIXIRÁ EDUCACIÓN E DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO

Rubén Arroxo presentou as competencias de goberno que asumirán as concelleiras e concelleiros do BNG

Arroxo dirixirá a macro-área de Vice-alcaldía e Mobilidade, na que Alexandre Penas será Concelleiro de Delegado de Infraestruturas 

Rubén Arroxo presentou as competencias de goberno que asumirán as concelleiras e concelleiros do BNG

Lugo, 18 de xuño de 2019. O Grupo Municipal do BNG presentou, ante os medios de comunicación, as competencias de goberno que asumirán as concelleiras e concelleiros electos do BNG.  Ediles do BNG asumirán tres das sete tenencias de alcaldía e terán presenza, neste número, na Xunta de Goberno Local. Arroxo dirixirá a macro-área de Vice-alcaldía, Infraestruturas e Mobilidade, na que Alexandre Penas será Concelleiro de Delegado de Infraestruturas. Maite Ferreiro asumirá Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Cristina López levará a Área de Participación e Servizos para a Veciñanza e Felipe Rivas dirixirá Educación e Difusión do Coñecemento. Dende o BNG apostouse por renomear algunha das áreas “para adaptar estes nomes aos obxectivos de goberno para estes catro anos”. Sen entrar en detalle, Arroxo deu conta das competencias e servizos que corresponden a cada unha destas áreas que gobernará o BNG no concello de Lugo.

Na rolda de prensa compareceron as cinco persoas que acadaron acta de concelleir@ no concello de Lugo como froito dos resultados das pasadas eleccións municipais. Rubén Arroxo destacou que “o deseño para o goberno destas áreas ten como obxectivo o traballo con interconexión” e sinalou que “se trata dun proxecto conxunto co partido socialista, pero no que as área”. Arroxo avanzou que dende as áreas do BNG se vai traballar “para facer un cogoberno o máis eficiente posible no que a prioridade sexa resolver os problemas da cidade e das veciñas e veciños”.

Arroxo sinalou que a “interconexión entre as áreas nas que terá resposabilidade e goberno o BNG será fundamental para avanzar nun modelo sostible das penalizacións, nun cambio de concepto na mobilidade, proxecto real para esta cidade”.

ÁREA DE CULTURA, TURISMO, E PROMOCIÓN DA LINGUA

            Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:

-   convenio Lugo Cultural;

-   actividades e instalacións e equipamentos culturais;

-   festas (agás o Arde Lucus e o Caudal Fest)

-   bibliotecas;

-   museos e salas de exposicións;

-   turismo e promoción da cidade;

-    banda e escola municipal de música

-    casa da música;

-    casas das linguas;

 

ÁREA DE PARTICIPACIÓN E SERVIZOS PARA A VECIÑANZA

-   orzamentos participativos;

-   defensa de usuarias/os e consumidoras/es;

-   atención á saúde;

-   sanidade e protección da salubridade pública;

-   funcionalmente, transporte público e tarxeta cidadá;

-   estatística e padrón municipal;

-   cemiterio e servizos funerarios;

-   taboleiro de edictos;

-   abastos, feiras, mercados e venda ambulante e

-   así como todos aqueles que, especificamente, non se integren nas anteriores áreas, sen prexuízo de que, polas súas características, teñan algunha vinculación coas materias, servizos ou actividades asignadas a estas.

 

ÁREA DE VICE-ALCALDÍA, MOBILIDADE E INFRAESTRUTURAS

            Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:

 

-   proxectos de obras ordinarias en vías públicas do contorno urbano;

-   obras locais do contorno urbano;

-   vías públicas e infraestruturas municipais do contorno urbano (iluminación pública e redes de auga potable);

-   reparación, conservación, mantemento e limpeza das infraestruturas e bens municipais no contorno urbano;

-   ordenación do tráfico

 

ÁREA DE EDUCACIÓN e DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO

            Na que se integrarán os servizos e actividades municipais relativos ás seguintes materias:

 

-   educación, centros docentes e equipamentos educativos;

-   garderías infantís

-   educación viaria (Parque Infantil de Tráfico)

Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade