AS RESIDENCIAS DURARÁN DÚAS SEMANAS E REMATARÁN CUNHA MOSTRA ABERTA O DÍA 31

Rubén Arroxo presentou as residencias artísticas que se celebrarán este verán no vello cárcere

Rubén Arroxo indicou que a estatua de Javier Krahe será restaurada no menor prazo de tempo posíbel

Rubén Arroxo presentou as residencias artísticas que se celebrarán este verán no vello cárcere

Lugo, 17 de agosto de 2019. Durante a mañá de hoxe, o Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto con integrantes dos colectivos LAG e RPM, presentaron no Vello Cárcere as residencias artísticas que se celebrarán durante o que resta de verán. O proxecto, coñecido como Residencias Paraíso, é un programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas na Galiza.

 

No caso de Lugo, estará dividido en dúas semanas. Durante a primeira semana, realizarán investigacións sobre as persoas encarceladas en Lugo, seguindo durante a segunda cunha serie de performances recreando as condicións do cárcere. Rematarán cunha mostra aberta ao público o día 31

 

As integrantes do Colectivo LAG, Lara Buyo e Ana Corujo, coñécense no ano 2011 en Pontevedra. Licenciadas en Belas Artes e cun Máster en Arte Contemporáneo, adícanse á arte de acción defendendo a arte en parella baixo unha liña que reivindica a igualdade na súa totalidade.

 

O Colectivo RPM resume a súa actuación en tres liñas: fomentar a creación artística contemporánea nas artes vivas, favorecer a relación entre distintos axentes vinculados ás artes vivas na Galiza e normalizar e visibilizar as artes vivas e a creación contemporánea galega.