“SÓ NO CANON DE SOGAMA AFORRARÍANSE EN TORNO A 468.000€/ANO, A MAIORES ESTARÍA TODA A RECOLLIDA E PROCESADO” SINALOU RUBÉN ARROXO

Rubén Arroxo propón un plan de compostaxe para aforrar 1 millón de euros ao concello cada ano

O concello de Lugo tira ao lixo 1 millón de euros ao ano por non aplicar un plan de compostaxe
O concello de Lugo tira ao lixo 1 millón de euros ao ano por non aplicar un plan de compostaxe

O candidato do BNG aposta por camiñar “cara un Lugo sostible e moderno, para ser un concello referente”

Rubén Arroxo propón un plan de compostaxe para aforrar 1 millón de euros ao concello cada ano

Lugo, 21 de maio de 2019. O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou un plan piloto de compostaxe “que lanzaremos cando cheguemos ao goberno da cidade, con 10 illas en distintas zonas da cidade”. Arroxo lembrou que “dende o BNG levamos tempo reivindicando a necesidade dun Plan de Xestión de Residuos, que se basee na reciclaxe, reutilización e recuperación, alternativo ao de SOGAMA”, e sinalou “este plan permitiría ás veciñas e veciños de Lugo un aforro de ata un millón de euros ao ano”.

O concello de Lugo envía dende fai anos os residuos á planta de SOGAMA, onde se está a reciclar na actualidade só un 11% dos residuos que chegan a Cerceda, estando moi por baixo da media estatal que ronda o 30%. Ademáis, non se están logrando os obxectivos marcados pola Lei de Residuos da Xunta, cifrados en acadar no 2020 o 50% da reciclaxe de residuos urbanos. Por isto Arroxo considera que é “absolutamente necesario aplicar un plan de compostaxe como a alternativa que mellore a eficacia do reciclaxe por medio da formación dos lucenses e que, ademáis, supoña un gran aforro para o concello”

Experiencia Allariz

No concello de Allariz, tras 3 anos de compostaxe, estase a xestionar por este sistema un 20% do lixo que cae no colector orgánico. “Se en Lugo fósemos capaces de xestionar tan só a mesma porcentaxe que Allariz teríamos un aforro de en torno aos 468.000€/ano tan só no canon de SOGAMA, que xunto a outros custos como o transporte ou a recollida pódese aproximar ao millón de € de aforro para as arcas municipais” explicou Rubén Arroxo

Dado que o concello de Lugo xestiona 33.500Tm ao ano de residuos no colector orgánico (dato 2017)

Canon SOGAMA 2019 => 69,83€

33.500TM x 0,20 (porcentaxe compostaxe en Allariz) = 6.700Tm

6700TM  x  69,83€ (canon SOGAMA 2019)= 467.861€/ano de aforro ao Concello

A maiores disto, cómpre destacar que a tendencia a compostar vai en aumento co paso do tempo do funcionamento deste sistema, polo que tamén incrementaría o aforro económico e a aposta por un tratamento do lixo máis sustentable