AS PISCINAS TERMAIS TEÑEN QUE SER O PROXECTO ESTRELA DO PLAN EDUSI POLO VALOR QUE TERÁN PARA O FUTURO DA CIDADE” AFIRMOU ARROXO

Rubén Arroxo proporá, na Comisión do EDUSI, que “apostemos polas piscinas termais e non pola pasarela inútil”

O voceiro do BNG levará á Comisión do EDUSI, este luns, o acordo plenario no que se aprobou impulsar a creación de piscinas termais no entorno do Miño

Rubén Arroxo proporá, na Comisión do EDUSI, que “apostemos polas piscinas termais e non pola pasarela inútil”

Lugo, 18 de outubro de 2018. O BNG trasladará á Comisión do Edusi, que se celebrará o vindeiro luns 29 de outubro, o acordo plenario no que se acordou impulsar a creación de piscinas termais no entorno do Miño. “As piscinas termais teñen que ser o proxecto estrela do plan EDUSI polo valor que terán para o futuro da cidade” afirmou Arroxo e sinalou que “non ten xeito que a pasarela inútil sexa o proxecto máis importante a desenvolver con estes fondos europeos”. O voceiro do BNG pediu “sentido común” ao goberno local e adiantou que proporá na Comisión do EDUSI, que “apostemos polas piscinas termais e non pola pasarela inútil”.

Ademais da iniciativa aprobada no Pleno da pasada semana, o BNG xa trasladou á Comisión do Edusi unha proposta para traballar na creación das piscinas termais publícas. Rubén Arroxo dixo que “o goberno xa ten nas súas mans un estudo feito pola Universidade e que tivo un coste significativo, agora é o momento de poñerse a traballar cos datos recollidos nese estudo para ver as diferentes posibilidades que temos para crear as piscinas termais”.

“As piscinas termais teñen que ser o proxecto estrela do plan EDUSI polo valor que terán para o futuro da cidade” afirmou Arroxo e lembrou, unha vez máis, que “as piscinas termais suporían un valor engadido para a cidade a nivel de promoción turística e tamén para incrementar a calidade de vida dos lucenses”. Segundo os estudos realizados pola USC existen posibilidades varias para ubicar e crear estas piscinas.

Unha pasarela inútil de máis de 1 millón Arroxo lamentou que “o único plan do goberno municipal para investir os fondos EDUSI sexa gastar 1 millón de euros nunha pasarela inútil a carón de onde xa existe un paso para peóns por debaixo da N-VI”. Arroxo avanzou “entendemos que o goberno municipal terá en conta a opinión unánime do resto de grupos, tanto para desbotar o proxecto da pasarlea, tal e como está concebido, como para poñerse a traballar nun proxecto de piscinas termais públicas”.