Rubén Arroxo reuniuse coa asociación de empresarios de ‘O Ceao As Gándaras’

Na xuntanza, a directiva da asociación trasladou as necesidades da zona en materia de mobilidade e infraestruturas

Rubén Arroxo reuniuse coa asociación de empresarios de ‘O Ceao As Gándaras’

Lugo, 10 de xaneiro de 2020. O tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza coa directiva asociación de empresarios de “O Ceao As Gándaras”.A asociación de empresarios solicitou esta xuntanza para presentar as necesidades que ambas áreas industriais teñen en materia de infraestruturas e mobilidade.

“Recollemos as propostas que nos fixeron chegar e trataremos de dar solucións e mellorar as infraestruturas no menor prazo de tempo posíbel”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “algunhas destas necesidades xa están en marcha, como o repintado das marcas viais, mentres que outras, como o mantemento do asfaltado, debe realizarse con periodicidade debido aos vehículos pesados que circulan por esta vía”.

A directiva da asociación presentou tamén solicitudes para o resto de servizos públicos da zona, “que trasladaremos aos edís responsábeis para que poidan traballar nelas”, indicou Rubén Arroxo.