RUBÉN ARROXO INICIA ASÍ “UNHA SERIE DE VISITAS A TODOS OS BARRIOS DA CIDADE DE CARA Á ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS DO 2020”

Rubén Arroxo visita Albeiros para “realizar os orzamentos acorde á realidade de cada barrio”

“A atención aos barrios é unha prioridade para o goberno municipal” indicou Rubén Arroxo, que estivo acompañado do concelleiro de Infraestruturas

Rubén Arroxo visita Albeiros para “realizar os orzamentos acorde á realidade de cada barrio”

Lugo, 21 de outubro de 2019. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou no día de hoxe xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas o barrio de Albeiros, “comezando unha serie de visitas a todos os barrios da cidade para elaborar os orzamentos do ano 2020”. “O goberno municipal debe ser atender ás necesidades da veciñanza, por iso os orzamentos deben ser elaborados atendendo ás carencias e necesidades de cada barrio”, indicou Rubén Arroxo.

 “Moitas veces, pequenas intervencións permiten garantir as boas condicións dos distintos servizos públicos, e melloran a calidade de vida e o benestar das veciñas e veciños”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “as pequenas intervencións que se poidan realizar nos barrios son unha prioridade do goberno municipal”.

O tenente de alcalde agradeceu á asociación presidida por Fernando Rois “que nos trasladasen os problemas existentes no barrio, e que nos indicasen as melloras que ven necesarias”. Arroxo lembrou que nestes meses a concellería de Infraestruturas xa realizou unha serie de intervencións, como a rúa do vento ou a conexión de Paulo Flavio Máximo co colexio.

Rubén Arroxo visita Albeiros para “realizar os orzamentos acorde á realidade de cada barrio”