RODIL SINALOU QUE “NON QUEREN ABRIR AS PLANTAS PECHADAS E POR ISO ALMACENAN PERSOAS NOS PASILLOS E NO SERVIZO DE OBSERVACIÓN”

“O que sucede no HULA é a imaxe das políticas do PP en materia de sanidade” dixo Olalla Rodil

IMG_1731

A vicevoceira do BNG no Parlamento Galego visitou o HULA e reuniuse con representantes da CIG para coñecer o que está a suceder no servizo de urxencias

“O que sucede no HULA é a imaxe das políticas do PP en materia de sanidade” dixo Olalla Rodil

Lugo, 5 de xaneiro de 2017. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, trasladará ao Parlamento Galego unha serie de cuestións, dirixidas á Xunta de Galiza, para clarificar cales son as intencións do executivo que preside Núñez Feijoo en relación a atención hospitalaria que se está a dar no HULA ás persoas que asisten ao servizo de urxencias. “Non se trata dunha situación puntual, o que sucede no HULA é a imaxe das políticas do PP en materia sanidade” dixo Olalla Rodil e explicou que converten o servizo de observación e o de urxencias nun mini-hospital para no abrir as plantas que teñen con camas pechadas.


Olalla Rodil sinalou que “é un problema crónico de falta de planificación xeral por parte da Conselleria” e indicou que “urxencias é o que se pero a acumulación de pacientes está derivada da falta de drenaxe de persoas cara as diferentes plantas de hospitalización ou as altas”. Rodil sinalou que “non queren abrir as plantas pechadas e por iso almacenan persoas nos pasillos e no servizo de observación”. A parlamentaria do BNG interesouse tamén polas condicións laborais nas que traballan os profesionais da saúde no SERGAS “que se convertiu pouco menos que nunha empresa de traballo temporal para os profesionais que están en listas de agarda e poden traballar con contratos de 4 horas cando os avisan media hora antes para incorporarse”.
 

“O que sucede no HULA é a imaxe das políticas do PP en materia de sanidade” dixo Olalla Rodil