O BNG – AA IMPULSARÁ UN PLAN DE ERRADICACIÓN DOS VERTEDOIROS INCONTROLADOS “INDENDENTEMENTE DO PASOTISMO DO GOBERNO MUNICIPAL”

“Traballaremos coa veciñanza para eliminar os vertedoiros incontrolados do rural”

IMG_0722
Vertedoiro de Muxa

Rubén Arroxo sinalou como paradigmático “o caso do vertedoiro de Muxa no que atopamos ata un xabarín morto no medio do lixo”

“Traballaremos coa veciñanza para eliminar os vertedoiros incontrolados do rural”

Lugo, 11 de outubro, 2016. O BNG - AA vai poñer en marcha un plan para a eliminación dos vertedoiros incontrolados que hai nas parroquias de Lugo, así o informou o voceiro municipal do BNG – AA que afirmou “traballaremos coa veciñanza para eliminar os vertedoiros incontrolados do rural”. Arroxo dixo “indendentemente do pasotismo do goberno municipal o BNG-AA vai traballar para que non se incremente un problema que estivo controlado e que agora volve ser unha lacra no noso concello”

"para que Lugo volva ser o espazo limpo que ten que ser”

Arroxo animou a todas as veciñas e veciños a poñerse en contacto con BNG para denunciar a existencia destes vertedoiros nas pistas e montes do concello de Lugo e afirmou que “denunciaremos e faremos seguimento a todas as denuncias para que o concello actúe”. Ademais Arroxo dixo que “informaremos a todas as persoas que non saiban como teñen que actuar no caso de atopar o saber dun vertedoiro incontrolado de daremoslles o apoio do grupo municipal do BNG – AA para conseguir que Lugo volva ser o espazo limpo que ten que ser”

Rubén Arroxo sinalou como paradigmático “o caso do vertedoiro de Muxa no que atopamos ata un xabarín morto no medio do lixo”. Ediles nacionalistas desplazáronse ata a parroquia de Muxa para comprobar como un punto no que se erradicara un vertedoiro, e mesmo ten un cartel do concello no que se advirte da prohibición de depositar residuos, se volveu converter nun “macro-vertedoiro” no que hai restos de obras, pneumáticos de tractor e ata un xabarín morto.

“Traballaremos coa veciñanza para eliminar os vertedoiros incontrolados do rural”