NESTE MOMENTO O CONCELLO DE LUGO CARECE DUN PLAN E PREVENCIÓN E NON HAI PREVISTO UN PLAN PARA A COLOCACIÓN DE TRAMPAS EN ESPAZOS PÚBLICOS

“A veciñanza está tomando medidas contra as velutinas en Lugo e o concello non fai nada” advertiu Arroxo

IMG_5836

O pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas para o control da Velutina no termo municipal

“A veciñanza está tomando medidas contra as velutinas en Lugo e o concello non fai nada” advertiu Arroxo

Lugo, 16 de xullo 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou que o concello de Lugo non esté a tomar medidas para a prevención da expansión da avespa velutina “habería que sumarse a iniciativas que se están levando a cabo dende outras administracións para tratar de atenuar os efectos desta plaga que xa é unha realidade no noso país”.  “A veciñanza está tomando medidas contra as velutinas en Lugo e o concello non fai nada” advertiu Arroxo e referiuse ás trampas colocadas nunha propiedade privada na ronda da Muralla.

 “As Velutinas están en Lugo e o concello debe prever un plan de actuación” dixo Rubén Arroxo. Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas”.

O BNG propón, unha vez máis, que no concello implante sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.

“A veciñanza está tomando medidas contra as velutinas en Lugo e o concello non fai nada” advertiu Arroxo