DENDE A ÁREA DE CULTURA INVESTIRANSE MÁIS DE 27.000 € EN INSTRUMENTOS E ACCESORIOS

A Xunta de Goberno aprobará mañá a compra de instrumentos para a Banda Municipal e a Escola Municipal de Música

Maite Ferreiro: “tras o éxito do San Froilán, continuamos a traballar para que a Banda Municipal sexa un orgullo para a veciñanza de Lugo”

A Xunta de Goberno aprobará mañá a compra de instrumentos para a Banda Municipal e a Escola Municipal de Música

Lugo, 22 de outubro de 2019.  Dende a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúase a traballar para recuperar a normalidade na Banda Municipal. Tras o procedemento iniciado na pasada Xunta de Goberno, para cubrir a praza de dirección, Maite Ferreiro anunciou que “nesta xunta de goberno aprobarase a inversión de 27.038 euros para a compra de instrumentos para a Banda e a Escola Municipal”.

 

Maite Ferreiro indicou que o concello adquirirá un total de 15 artigos, divididos entre instrumentos e accesorios. Ferreiro indicou que “este é un paso máis para lograr que a Banda Municipal e a Escola de Musica presten un bo servizo”, e engadiu que “tras o éxito do San Froilán, continuamos a traballar en que a Banda Municpal sexa un orgullo para a veciñanza de Lugo“.

 

A  Área de Cultura investirá 11.693€ en Material para a Banda Municipal, adquirindo así unha trompeta, un saxofón tenor, un prato Ride de 20”, un prato Crash de 14”, un prato Splash de 8”, un prato Charles de 13” e tres soportes para pratos.  Para a Escola Municipal de Música, adquiriranse dúas gaitas, unha caixa con soporte e funda, unha trompa de concerto, unha frauta traveseira, dous requintos de iniciación e un clarinete en Si bemol profesional, cunha inversión  de 15.399 €.