A Xunta de Goberno aprobará a renovación da pavimentación do Cemiterio Municipal

Cristina López nas instalacións do cemiterio municipal
Cristina López nas instalacións do cemiterio municipal

Cristina López: “con esta actuación continuamos coa renovación da estética do cemiterio”

A actuación saíu a licitación cun orzamento de 54.931,94€ e un prazo de execución de un mes

A Xunta de Goberno aprobará a renovación da pavimentación do Cemiterio Municipal

Lugo, 16 de xuño de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou que na Xunta de Goberno de mañá se aprobará a contratación da obra de rexeneración da pavimentación no Cemiterio Municipal. Segundo declarou Cristina López, “trátase dunha actuación enmarcada no proxecto que desde as áreas de Participación e Infraestruturas Urbanas se está levando a cabo para a renovación da estética do cemiterio”. A edil de Participación informou que “avisarase á veciñanza antes do inicio das actuacións para tratar de reducir ao máximo as molestias”.

“Desde a área de Participación traballamos por mellorar o aspecto do Cemiterio Municipal”, afirmou Cristina López, que destacou “a súa versatilidade para distintas actividades como as visitas nocturnas ou o resto de actividades culturais que acolle durante todo o ano”. Cristina López destacou tamén que o Cemiterio Municipal de Lugo “sexa un dos poucos de todo o estado cuxa xestión sexa totalmente pública”.

Con esta actuación renovarase a canalización para os servizos de alumeado público e recolección de auga, e renovarase e reforzarase o firme asfáltico do interior do Cemiterio Municipal. A actuación saíu a licitación cun orzamento de 54.931,94€ e un prazo de execución dun mes.

A Xunta de Goberno aprobará a renovación da pavimentación do Cemiterio Municipal