OS CEGOS VOLVERÁN ACTUAR EN DIVERSOS PUNTOS DO CENTRO DA CIDADE

O XX Mercado Medieval celebrarase o 12 de outubro na Praza Pío XII

Durante todo o día realizaranse exhibicións e contarase con animación musical
O XX Mercado Medieval celebrarase o 12 de outubro na Praza Pío XII

Lugo, 28 de setembro de 2019.  Maite Ferreiro presentou no día de hoxe o XII Mercado Medieval, que organiza a Asociación de Antigos Alumnos da EASD Ramón Falcón o vindeiro 12 de outubro na Praza Pío XII e no contorno da Catedral.

 

A cita comezará ás 11 horas, co voo dunha aguia de Harris que portará o pregón e dará inicio ás actividades que se estenderán durante todo o día, ata as 22h. Durante todo o día, o grupo Vita Brevis poñerá animación ao mercado e celebraranse obradoiros de artesanía e exhibicións de cetrería.

 

A partir das 12 horas comezará o desfile polo centro da cidade, encabezado por cabaleiros templarios e cetreiros xunto con titiriteiros e a danza de Virginia Mora. Luís Carrunhco e Chus Iglesias, O Cego de Matamá e Aldariña de Candeán, traerán cantos e contos á praza de Pio XII, mentres que Pepe Penabade, de Volta e Dalle Teatro traerá a súa creación O Menciñeiro, Buqueira Novo de Mondoñedo.

 

A partir das 13 horas, o mestre de trobadores Crispin d´Olot recreará a súa versión d´O Cego, que estará acompañado pola danza de Virginia Mora e co espectáculo O Peregrino Apresado, personaxe que relata as súas andanzas buscando quen o poida liberar da cadea.

 

Ás 18 horas, o grupo Bóreas Antiqua, formado por Diego Fernandez Vilela  e María Neira Neira na frauta traveseira, Xosé Fernandez Arias ao fagot e a mezzosoprano Elísabet Filgueira Gesteira interpretarán cantigas galaico-portuguesas dos séculos XV e XVI na capela de San Froilán da Catedral. No mercado, Ali Kaskabel realizará un espectáculo de malabares e O Bufón Urcúleo, de Cía.Persona-Je interpretará relatos de mofa.

 

A partir das 20 horas comezará a despedida do XX Mercado Medieval, con Virginia Mora, Alicia a Xuglaresa, coa súa versión de Danza de Wakiria e Crispin d´Olot relatando vivenzas e trobando secuencias do medievo en clave de humor.

O XX Mercado Medieval celebrarase o 12 de outubro na Praza Pío XII