O BNG aposta polo desenvolvemento da rede de abastecemento de auga en Castro de Rei
Os nacionalistas presentaron enmendas aos orzamentos da Xunta 2024 para mellorar a rede de abastecemento de auga no concello de Castro de Rei
Os nacionalistas presentaron enmendas aos orzamentos da Xunta 2024 para mellorar a rede de abastecemento de auga no concello de Castro de Rei
"Contamos cun patrimonio cultural e relixioso de gran valor, que está sen o coidado requirido e que precisaría atención inmediata e urxente para frear o seu deterioro e acadar o seu máximo esplendor" afirmou Aira
A deputada nacionalista demandou "que a xestión da residencia sexa 100% pública así como o persoal que nela desempeñe o seu exercicio profesional"
O ensino do rural e máis o periférico ás cidades na provincia de Lugo ben sufrindo reiteradas problemáticas derivadas todas dunha visión cuantitativa da administración que non satisfai en absoluto as necesidades do alumnado" manifesta Carme Aira
Tino Díaz, portavoz do BNG en Baleira “ a desidia e abandono deste concello débese a nefasta planificación do traballo e ás decisións políticas do alcalde, o cal non planifica o cadro de persoal necesario para eses traballos”
Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.
Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.
“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.
“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.
O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez
Pablo Ares “Lamentamos que os Plenos non se retrasmitan, pois sería unha forma de transparencia do que acontece no concello”
A eurodeputada nacionalista visitou, xunto a candidatura do Bloque, o Parque do Rato, reserva da Biosfera