Imprimir

O anuncio da intermodal é tan fiable como o de outras precampañas electorais” afirmou Rubén Arroxo

bnglugocentro | 06 de Novembro de 2018

Para o BNG “non é normal que un proxecto austero como o presentado onte teña un coste similar ao proxecto faraónico presentado en anos anteriores”

Lugo, 6 de novembro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, valorou o anuncio da intermodal como “outro anuncio electoralista como os que se ven cada vez que unha eleccións preto” e engadiu que “o anuncio da intermodal é tan fiable como o de outras precampañas electorais”. Arroxo lembrou que “proxectos e convenios” para a intermodal de Lugo xa foron presentados en 2009 por un ministro socialista ou a presentada en 2014 por unha ministra do PP.

Arroxo dixo que “tamén resulta curioso que todos os proxectos teñen un custe similar independentemente da súa magnitude e complexidade técnica”. Para o BNG “non é normal que un proxecto austero como o presentado onte teña un coste similar ao proxecto faraónico presentado en anos anteriores”.

Falta de trens

O voceiro do BNG sinalou, tamén, “parece que o único interés de PP e PSOE e facer obras para darlle traballo ás contrutoras, e que ningún se plantexa que se vai facer unha estación nunha cidade á que non chegan trens, nin se lles espera”. Rubén Arroxo lamentou que “reiteradamente son rexeitadas as propostas do BNG para dotar a Galiza dun sistema ferroviario eficiente e con utilidade para as veciñas e veciños” e afirmou “o que necesita Lugo son trens e non obras de construción”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/anuncio-da-intermodal-tan-fiable-outras-precampanas-electorais-afirmou-ruben-arroxo/20181106142847006902.html


© 2018 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal