“DADO O ÉXITO DO SAN FROILÁN, NON DESCARTAMOS REALIZAR NOVOS CONCERTOS”, INDICOU RUBÉN ARROXO AO RESPECTO DA BANDA

A area de Cultura activa o proceso cubrir o posto de dirección da Banda de Música e escola Municipal

A Xunta de Goberno tamén prorrogou os contratos de comedor e actividades extraescolares

A area de Cultura activa o proceso cubrir o posto de dirección da Banda de Música e escola Municipal

Lugo, 16 de outubro de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou na rolda de prensa da Xunta de Goberno de hoxe que a área de Cultura está a traballar nun novo proceso para a selección dunha nova dirección para a Banda Municipal de Música. Arroxo indicou que dende a área se desistiu o procedemento anterior, que fora iniciado na Xunta de Goberno do 13 de marzo deste ano, onde se propoñía o nomeamento dun director en Comisión de Servizos. Rubén Arroxo indicou que “este procedemento se desestima por non recibir a autorización da Xunta dado que o funcionario proposto para o nomeamento viña desa administración”. Ademais, “existían informes desfavorables ao nomeamento realizados por técnicos municipais e recursos sindicais”, indicou o tenente de alcalde.

 

Rubén Arroxo anunciou que a área de Cultura iniciará un novo procedemento “para a provisión definitiva segundo a regulamentación vixente”. Arroxo indicou tamén que “dado o éxito do concerto da banda no San Froilán, non descartamos realizar novos concertos”. Arroxo anunciou tamén que “se creará unha lista de substitucións para as especialidades da Banda e da Escola Municipal de Música”. En concreto, abrirase o proceso para crear listas de: frauta, clarinete, saxofón, fagote, trompa, trompeta, trombón, bombardino – tuba, piano, gaita e percusión.

 

Ao respecto dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, Rubén Arroxo anunciou a prórroga do contrato de actividades extraescolares ata o 30 de xuño de 2020 á empresa Serviplus por un total de 35.321€ e a prórroga do servizo de comedores durante o curso 2019-2020 a Alimetación Saludable Gallega por 506.880€

A area de Cultura activa o proceso cubrir o posto de dirección da Banda de Música e escola Municipal