Imprimir

A área de Mobilidade habilitará un carril da ronda da Muralla para a circulación de peóns

bnglugocentro | 07 de maio de 2020

O Tenente de Alcalde lembrou da importancia de circular pola beirarrúa dereita, e no mesmo sentido do tráfico na Muralla

Lugo, 07 de maio de 2020. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que a partir de mañá se pechará ao tráfico un carril da ronda da Muralla debido ao elevado número de persoas que nestes días están a utilizar a ronda da Muralla para pasear. Segundo Rubén Arroxo, “con esta medida pretendemos facilitar que as persoas que deciden pasear pola ronda poidan manter a distancia de seguridade habilitando un novo paseo peonil de 2.5 km no centro de Lugo”.

“Nestes primeiros días de saídas controladas, a ronda da Muralla foi un dos percorridos máis utilizados para practicar deporte ou pasear”, declarou Rubén Arroxo, que afirmou que “a peonalización dun carril non producirá conxestión no tráfico debido á redución do tráfico”.

Rubén Arroxo lembrou que “desde a área de Mobilidade recomendamos á veciñanza que camiñe pola Muralla que o faga no mesmo sentido que o tráfico”. Segundo o Tenente de Alcalde, “nestes días vólvese importante tamén cumprir co código de circulación e pasear pola beirarrúa dereita”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/area-mobilidade-habilitara-carril-da-ronda-da-muralla-circulacion-peons/20200507133138007928.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal