A área de Mobilidade incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos

Rubén Arroxo: “este novo bus urbano permitirá continuar avanzando para unha nova mobilidade sostible”

A área de Mobilidade, xunto coa empresa adxudicataria, continúan a traballar de cara á implantación das novas liñas

A área de Mobilidade incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos

Lugo, 14 de xaneiro de 2020. O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que nas vindeiras semanas se incorporará á actual flota de buses urbanos un novo vehículo híbrido. ”Dentro da renovación do transporte público que estamos a levar a cabo dende a área de Mobilidade e Infraestruturas inclúese a renovación dos vehículos”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu, “queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica”.

O edil nacionalista indicou que “este novo bus híbrido aforrará combustible e producirá menos emisións de gases e partículas”.  “Continuamos a reducir a idade media da flota de buses, que actualmente está en sete anos e medio”, lembrou o concelleiro de Mobilidade

Rubén Arroxo declarou que a área de Mobilidade está traballando en "transformar a mobilidade de lugo para que sexa moito máis sostíbel, onde o transporte público sexa fundamental”. Rubén Arroxo indicou tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar, xunto coa empresa adxudicataria, nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

A área de Mobilidade incorporará un novo bus híbrido á flota de buses urbanos