A área de participación edita o calendario Actúa Xa Obxectivo 20/20/20

Maite Ferreiro e Cristina López
Maite Ferreiro e Cristina López
A área de participación edita o calendario Actúa Xa Obxectivo 20/20/20

Lugo, 02 de xaneiro de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou a empregados do concello o calendario Actúa Xa Obxectivo 20/20/20. “Co gallo da declaración de emerxencia climática feita polo Parlamento Europeo, e da aprobación da directiva Obxectivo 20/20/20, dende a área de Participación fixemos este calendario, centrándonos nos espazos verdes da cidade ao longo do tempo, custodiados no arquivo municipal”, indicou Cristina López.

As fotografías pertencen á colección Delgado Guisasola, custodiada no Arquivo Municipal, xunto con dúas instantáneas de José Luís Vega, pertencentes ao Fondo Vega, almacenado no Arquivo Histórico de Lugo, xunto con fotografías de Salvador Castro Freire, que proceden dos negativos en cristal que facía no laboratorio da farmacia da que era dono.

Cristina López animou á veciñanza a recoller unha copia do calendario nas oficinas da área de Participación

A área de participación edita o calendario Actúa Xa Obxectivo 20/20/20