Imprimir

A área de Participación non cobrará o alugueiro dos postos da Praza e do Mercado Municipal

bnglugocentro | 25 de marzo de 2020

Cristina López animou a realizar as compras nestes días no pequeno comercio, que continúa a dar servizo a toda a veciñanza

Lugo, 24 de marzo de 2020. A área de Participación e Servizos para a Veciñanza suspende o cobro do alugueiro dos postos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos. Segundo indicou a edil de Participación, Cristina López, “mentres duren as restricións decretadas polo goberno do Estado, e como medida de apoio ás comerciantes da Praza e do Mercado Municipal, decidimos suspender o cobro do alugueiro dos postos en ambos recintos”.

“Desde a área de Participación tratamos de reducir ao máximo as perdas que produza a situación de emerxencia no pequeno comercio e nos negocios de hostalería destes dous recintos” afirmou Cristina López, que vinculou esta medida ao “compromiso que mantemos desde a área de Participación para converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal nun referente do casco histórico de Lugo”.

Cristina López animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer as compras no pequeno comercio de alimentación que estes días permanece aberto e dando servizo a toda a cidadanía. "É fácil acceder a moitos comercios pequenos que están abertos no centro e nos barrios da cidade xa que as colas son máis pequenas e a subsistencia das persoas que as rexentan depende das compras que fagamos", declarou a edil de Participación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/area-participacion-non-cobrara-alugueiro-postos-da-praza-do-mercado-municipal/20200325210912007875.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entrechán
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentrol@bng.gal