Imprimir

A área de Participación reactiva a celebración do Mercado Tradicional

bnglugocentro | 15 de maio de 2020

Cristina López: “proporcionamos pantallas de protección ás vendedoras e vendedores”

Lugo, 15 de maio de 2020. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou a reanudación do Mercado Tradicional no soto da Praza de Abastos. Segundo declarou Cristina López, “reactivamos o mercado tras asegurar que as distintas vendedoras e vendedores cumpren coas medidas dictadas polas autoridades sanitarias”. O Mercado Tradicional volta a celebrarse, a partir de hoxe, os martes e venres entre as 8:30 e as 14:30.

“Desde a área de participación revisamos o espazo para garantir que tanto as vendedoras e vendedores como as persoas asistentes poidan manter a distancia interpersoal en todo momento”, afirmou Cristina López, que engadiu “ademais, proporcionamos ás vendedoras máscaras de protección, elaboradas coa colaboración do IES As Mercedes, que se unen aos dispensadores de luvas e xel hidroalcoholico para as persoas que desexen achegarse ao mercado”.

Mercado de Frigsa

Cristina López anunciou que o vindeiro martes, a área de Participación reactivará a celebración do mercado de Frigsa. Segundo Cristina López, “reducirase o número de postos para garantir a distancia de seguridade e facilitarase o acceso de elementos de protección aos distintos vendedores e vendedoras”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/area-participacion-reactiva-celebracion-do-mercado-tradicional/20200515143959007951.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal