Imprimir

Arroxo propón destinar os fondos do EDUSI rexeitados da Volta da Viña para enlazar a cidade coa rede de sendeiros do Miño a través de dúas pasarelas

bnglugocentro | 03 de decembro de 2018

Para o BNG "a falta de proxectos e ideas do Goberno é palpable" e o voceiro no concello anunciou "nós estamos dipostos a aportar propostas"

Lugo, 1 de decembro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou que proporá destinar os fondos do plan EDUSI, previstos para enlazar a rúa Santiago coa N-VI, ao proxecto de creación de dúas pasarelas. O goberno municipal desistiu de facer investimentos no EDUSI para unir a rúa Santiago coa N-VI, na Volta da Viña, despois de recibir informes de Patrimonio e Fomento

Para o BNG "a falta de proxectos e ideas do Goberno é palpable" e o voceiro no concello anunciou "nós estamos dipostos a aportar propostas". Rubén Arroxo pediu que os fondos que non se van a utilizar poden derivarse para unir o centro da cidade co entorno do río Miño. Arroxo lembrou o proxecto para crear dúas pasarelas, unha delas entre o aparcadoiro do Pazo Municipal de Deportes e o parque Marcos Cela e a outra entre este mesmo parque e o paseo do Miño.

O enlace da N-VI coa rúa Santiago non se vai acometer despois de que sendos informes de Patrimonio e Fomento rexeitasen as propostas feitas dende o goberno local. Nun primeiro momento foi invalidada por Fomento a posibilidade de crear unha rotonda e agora é patrimonio quen rexeita facer un enlace directo polo impacto que provocaría na zona.

Arroxo explicou que, grazas a este proxecto, Lugo conseguiría conectar a cidade cos máis de 40 km de sendeiros que rodean o río Miño "algo que non existe en ningún lugar do estado por que ningunha cidade do estado que dende o propio casco histórico se poida acceder a máis de 40 km de sendeiros fluviais".  A ubicación das pasarelas propostas polo BNG permitiría acceder camiñando ou en bicicleta aos sendeiros do río Miño sen ter que circular a través dunha ruta peonil sen ter que circular por vías polas que circulan vehículos a motor.

Rubén Arroxo sinalou que "os 12,5 millóns do EDUSI permitirían financiar a construción dunha das pasarelas e a outra podería facerse chegando ao un acordo co Ministerio de Fomento". Arroxo lembrou que "este Ministerio leva moitos anos se facer investimentos en Lugo e agora está gobernado polo mesmo partido que o concello de Lugo o cal debería, en principio facilitar as cousas".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/arroxo-propon-destinar-fondos-do-edusi-rexeitados-da-volta-da-vina-enlazar-cidade-coa-rede-sendeiros-do-mino-traves-duas-pasarelas/20181203142644006935.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal