OS EDILES DO BNG EXPLICARON OS PASOS DADOS, DENDE O COMENZO DA MANDATO, NAS RESPECTIVAS ÁREAS DE GOBERNO

A asemblea local do BNG avaliou os 100 días de goberno no Concello de Lugo

“As nosas accións responden ao programa de goberno co que o BNG se presentou ás eleccións e ás demandas maioritarias da veciñanza” explicou Rubén Arroxo

A asemblea local do BNG avaliou os 100 días de goberno no Concello de Lugo

Lugo, 30 de setembro de 2019. A asemblea local reuniuse en Lugo para analizar os 100 primeiros días deste mandato no goberno municipal. As concelleiras e concelleiros do BNG que forman parte do goberno explicaron os pasos dados e sinalaron os obxectivos marcados para as diferentes áreas nas que ostentan responsabilidades. Foron intervindo os ediles nacionalistas sobre as áreas propias de gobeno: Felipe Rivas, en educación e difusión do coñecemento; Cristina Lopez, en participación e servizos á veciñanza; Alex Penas, en infraestruturas; Maite Ferreiro, en cultura, turismo e promoción da lingua; e finalizou Rubén Arroxo como tenente-alcalde e responsable de mobilidade.

“As nosas accións responden ao programa de goberno co que o BNG se presentou ás eleccións e ás demandas maioritarias da veciñanza” explicou Rubén Arroxo que fixo fincapé “na boa sintonía de traballo dentro do equipo de goberno e nos avances dados en pouco tempo nalgunhas cuestións como as mesa de mobilidade, o desbloqueo de diferentes accións conxuntas coa Xunta de Galiza ou o arranxo do aparcadoiro municipal do HULA”. Rubén Arroxo lembrou que “as veciñas e veciños de Lugo deronnos unha representación ampla na corporación para que, dentro do goberno, activaramos o concello e iso é o que estamos tratando de facer dende a nosa chegada”.

Arroxo evidenciou o feito de que “a xente transmítenos confianza e imos traballar para non defraudar a quen depositou a súa confianza no BNG nas pasadas eleccións municipais” o Tenente -  Alcalde salientou “a colaboración e boa predisposición do persoal municipal que, a pesares de todas as dificultades que se veñen arranstrando en materia laboral, están a traballar con profesionalidade e dilixencia”. Arroxo amosouse satisfeito e afirmou que “os obxectivos para este mandato están ben definidos e imos a poñer todos os medios e o traballo necesario para que Lugo funcione”.

A asemblea local do BNG avaliou os 100 días de goberno no Concello de Lugo