Atendendo o requerimento da Confederación Hidrográfica o BNG-AA presentou un proxecto de pantalán

Atendendo o requerimento da Confederación Hidrográfica o BNG-AA presentou un proxecto de pantalán

rIMG_8488Rubén Arroxo presentara unha solicitude para a instalación dun acceso seguro ao río na zona de As Saamasas, a Confederación Hidrográfica requeriu un proxecto sobre esta instalación

Arroxo anunciou que “en caso de aprobado o proxecto, se o goberno municipal non actúa faremos unha subscrición popular para acometer a obra”

Lugo, 1 de agosto 2016. O BNG-AA presentou hoxe, no rexistro da Confederación Hidrográfica, un proxecto para a construcción dunha rampa de acceso ao río na zona pública de baño. Tras a proposta do BNG-AA de crear un acceso seguro na zona das Saamasas para o baño, a Confederación Hidrográfica requiriu, por escrito, un proxecto desta instalación. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, presentou hoxe este proxecto no que se fai unha descripción das caracaterísticas desta rampa de acceso ao río.

Para o voceiro nacionalista “é de agradecer a prontitude coa que a Confederación Hidrográfica respostou á nosa solicitude” entendemos que “se esta axilidade se dera en todos os trámites e por parte de todas as administracións involucradas, Lugo xa contaría cunha zona pública de baño fai moito tempo”. Arroxo sinalou “que o BNG-AA vai seguir adiante para conseguir que Lugo teña zona pública de baño e buscaremos todas as fórmulas posibles para desatascar esta situación incomprensible”.

Á vista do requerimento da Confederación Hidrográfica o BNG-AA encargou a redacción dun pequeno proxecto para dar resposta “agardando que a Confederación autorice a instalación desta rampa de acceso” xa que “se trata dunha instalación moi sinxela, integrada no entorno e que facilitaría o acceso ao baño a moitas persoas que se achegarán ao río durante este verán”

Arroxo informou que, en caso de conseguir os permisos necesarios, informaremos ao goberno municipal e ao resto dos grupos e avanzou que “se temos o permiso necesario para a colocación da rampa, trasladarémosllo ao goberno municipal para que execute a obra” e de  non ser así, os nacionalistas poñerán en marcha unha iniciativa de subscrción popular para executar esta obra tan demanda polas veciñas e veciños  de Lugo.

Atendendo o requerimento da Confederación Hidrográfica o BNG-AA presentou un proxecto de pantalán